SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Diálogo entre A e B
Marzo 21st, 2012 by Faladoras

Nesta ocasión traemos un texto que fanos reflexionar sobre a xente que fala nunha lingua porque a sinte como sua e por otro lado a xente que no fala a sua lingua por que le parece pouco meritoria. ¿Vosotros que pensades disto?

    O meu amigo A ten setenta e seis anos. O meu amigo B ten trinta e tres anos. Ambos son escritores. A escrebe sempre en castellano. B escrebe sempre en galego.

    B, no curso dunha conversa cordial, manifesta a sua mágoa porque A non escreva en galego, língua que fala desque aprendeu a falar, mentres que B falou até hai pouco ordinariamente en castellano. A é fillo de un lavrador, e naceu nunha aldeia. B é fillo de un militar, e naceu nunha cidade.

    Para A, ao parecer, constitui un mérito falar galego desde cativo, e un demérito comenzar a falá-lo na madurez. Quer dicer, é un mérito nacer nun meio que determine que o galego sexa a própria fala materna; e un demérito que o galego sexa unha fala de adopzón voluntariamente asumida.

    Parece-me que, ao tratar de justificar-se A ante B por non utilizar o galego como língua literaria, se desvia do recto camiño da discusión, e acude a argumentos ad hominem que non son procedentes. Parece como se o que non tivo o galego como língua natal non pudese aceitá-la como língua própria normal cando se cre chamado a facé-lo. ¿Hai pois, que apresentar novas de limpeza lingüística de sangue para ser admitido na comunidade de galego-falantes? Se B asumiu recentemente como língua a que non aprendeu na sua casa, e a cultiva literariamente, ¿devemos rejeitar do ponto de vista galeguista a sua actitude, e considerá-la, en todo caso, menos meritória que a de A, que falou galego porque esa era a língua que ouvia falar ao seu redor, e que cando se enfrentou coa necesidade de escrever, renunciou, polo que seja, a escrever en galego? ¿Pode, fora da léria e da brincadeira amistosa, tomar-se en conta esta argumentazón?
    Para empregar a distinzón de Castelao: A fala galego por ruralismo, B fala galego por galeguismo. Postos a escrever galego, A ten unha vantage, que non beneficia, e B unha desvantage, que supera. ¿Quen amostra maior interese pola língua? Pode ser que A conserve toda a sua vida unha pronuncia enxebre que B non atinja nunca. Os estudiosos da fonética galega tirarán mais utilidade de ouvir a A que de ouvir a B, se A, apesar da iliteralidade da sua língua, a sustén como fala normal e, incongruentemente coa sua abstenzón de usá-la por escrito, dá ocasión aos fonetistas para aquilo. Mas o seu absentismo do galego escrito non estará compensado pola sua inequívoca articulazón do “é” aberto e do “e” fechado do ponto de vista cultural. Neste campo, é evidente que B deve levar a palma, por mui castellana que fose a fala que se transmitiu co leite materno.

    Non é absolutamente indispensável ter apacentado ovellas desde a mais terna infáncia para chegar a ser perito pecuário e promover a mellora da raza merina. Hai pegureiros que receberon dos seus pais, dos seus avós, dos seus bisavós, e asi até Abel, o cajado pastoril, e que nunca fixeron o que un veterinário ou engeñeiro agrónomo fillo de un banqueiro coruñés ou mesmo de un bufariñeiro maragato pola promozón da nosa facenda. Se cadra, A leva sesenta e seis anos falando en galego (polo menos,cando se tropeza con B ou os seus afins), e B leva somente tres. Mas se B figura na história da literatura
    galega e A non sente a necesidade de escrever en galego, ¿hemos excomungar a B porque non herdou de Abel en liña recta a distinzón do timbre das vogais de grau médio, e venerar en A a pelica de San Joán Batista porque os seus pais tangian a avea de Dafne mentres mordiscavan as suas pericas a erva da chousa familiar?

    RICARDO CARVALHO CALERO: Umha voz na Galiza, páxs. 159-160.

¿Creedes que por nacer nunha ligua diferente non podedes falar, escribir e expresarse en galego ó en calquera otra ligua? Compartan a sua opinion con nos, interesanos saber o que pensades!!

FONTE: Proxecto NEO


2 Responses  
  • Proxecto Neo writes:
    Marzo 28th, 201220:56at

    Que lindísimo o deixastes!! Moitas grazas pola difusión que lle dades.

    • Faladoras writes:
      Marzo 29th, 201213:48at

      Nada 😀 moitas grazas a vos por tanto apoio 😀


»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa