SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
#Twitter en Galego
Marzo 25th, 2012 by Faladoras

Nesta ocasión, é estando moi agradecidas, fixemos unha entrevista a Carlos García Vieito, como él di, uno dos moitos impulsores do Twitter en Galego.

1. En que te inspiraches para crear o Twitter en galego??

Máis que inspiración pra crear Twitter en galego, foi indignación. Indignación de ver como unha das redes sociais máis grandes e a nivel mundial, non poñía a disposición dos seus usuarios o galego, a igual que outras grandes redes sociais como Facebook, e a un nivel estatal, tuenti. Tendo en conta, que o galego é unha das linguas máis usadas no Twitter.

2. Tiveches  moitos problemas para darte a coñecer e conseguir followers??

Ao principio teño que confesar que tiven moitos problemas pra súa difusión, pero cando figuras relevantes da sociedade comezaron a seguir a conta e a dala a coñecer cos seus tweets, comezou a despegar a conciencia por un twitter en galego e o uso do mesmo. E así os seguidores.

3. Como te sentes ao ser un dos pioneiros nas redes sociais??

Non creo que sexa un pioneiro, se nos referimos a empregar ou impulsar o galego no Twitter, porque iso faino cada día moitas persoas, galegas ou non, que empregan o galego pra encher os seus tweets. Se falamos de ser o primeiro en organizar unha vía coa que reivindicar o dereito do galego na devandita rede, poderíase dicir que si. Poderíase dicir, máis que nada, porque non son eu só, senón a xente que cos seus RT difunden a idea que se quere mandar, e que aportan ideas innovadoras.

4. Canto tempo levas loitando para que Twitter este dispoñible en galego??

Pois dentro dun par de meses, fará un ano dende que se creou Twitter en galego.

5. A xente colabora moito para conseguir o teu propósito??

A verdade é que si, e niso podo estar moi agradecido a todos e todas que colaboran con Twitter en galego. Por que é coa súa axuda como se conseguen os TT e dar a ver, que os galegos non somos poucos no Twitter.

6. Ti, en que lingua falas e con quen??

Pódese dicir que son un galegofalante as 24 horas. Sempre falei galego, sempre o falo e con todo o mundo, e ata agora non tiven problema. As poucas veces que deixei de falalo, foi ao saír de Galiza; e aínda así atopeime con galegos cos que poder falar galego.

7. No noso instituto hai moita xente que fala galego pero nas redes sociais falan castelán, ti que opinas disto??

Pois é unha pena. Primeiro porque existe o prexuízo “se falo galego non me van a entender” e por iso falo castelán, pero non se dan de conta que coa xente coa que están a falar e que ven o que escriben, son amigos e familiares, persoas coas que conviven e falan galego.

8. Ti como ves o avance do galego cara ao futuro nas redes sociais??

Pois vexo que vai por un bo camiño. Os últimos datos que saíron da rede social Tuenti, mostran que unha gran maioría de xente galega que emprega esa rede, tena en galego. En twitter o galego entra dentro das trinta linguas máis empregadas. Véxolle moito futuro ao galego nas novas tecnoloxías.

9. Nos somos dúas rapazas neofalantes e as redes sociais axúdanos a mellorar o noso galego, que pensas da xente neofalante e as novas tecnoloxías?? 

Admiración. Unha persoa que se esforza en aprender unha lingua nova e comeza a desenvolvela nos seus distintos ámbitos, merece admiración. E máis se é por parte de xente nova como vós. Aínda que non fose a vosa lingua nai, hónravos que poñades interese en aprender galego. Penso que as persoas neofalantes nas novas tecnoloxías serían bos exemplos a seguir.

10. Tes algunha anécdota sobre a lingua e as redes sociais??

Non sei se son anécdotas ou non; pero cando comecei con este proxecto non sabía case nada do funcionamento do twitter, e foron as persoas que me seguían as que me foron explicando paso a paso como se movía esta rede social. Por iso digo, que comecei só neste proxecto, pero agora xa somos máis de seis mil persoas as que traballamos nel.

11. En poucas palabras, por que o galego ten que ir da man das redes sociais??

Por unha simple razón. As redes sociais son as formas de comunicación do presente e do futuro, e non coidar de que o galego estea dentro delas, pode significar perda de falantes e a súa desaparición a longo prazo. Pero non é só obrigación das redes sociais poñer a disposición dos seus usuarios o galego, senón tamén é a nosa obrigación como cidadáns e como galegos, empregalo nas redes sociais pra que siga florecendo esta lingua, que con orgullo podemos dicir que é nosa.

Alí o tedes xente! unha iniciativa que precisa o apoio de todos os que falaban, falan, falamos e falarán en galego!

Non olvidedes apoiar ao Galego en @Twitter_en_galego e Twitter en galego (no Facebook).

Moitisimas grazas a @tweet_en_galego por contestar á entrevista e por aguantar a nosa incistencia :D.


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa