SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Entrevista a Carlos Gende, moito máis que un beatboxer!
Xuño 15th, 2012 by Faladoras

Esta ves fixemos unha entrevista a Carlos Gende, orgullozamente galego e moito máis que un beatboxer!

    Cómo empezaches no mundo do beatbox??

O meu contacto co beatbox comezou despois de coñecer o mundillo que rodea á cultura do HipHop. Comezei rapeando e escribindo as miñas primeiras letras as cales só cantaba para min mesmo. Fun para Vigo a cursalos estudios universitarios e xa aló intentei adentrarme no breakdance sen moito ou case nengún éxito. Aproveitando a conexión a internet, as poucas ganas de estudiar e que o beatbox na rede comezaba a despuntar, comecei a aprendelo ,escoitando, a ver videos e ler tutoriais. Vamos, de forma totalmente autodidacta !

    Canto tempo levas practicando?

Pois levo oito anos no que o beatbox forma parte do meu repertorio musical. Se ben,dende os 19 anos ata o dia de hoxe a práctica do beatbox pasou por varias fases, nunca deixei de facer música coa boca.

    Ao comenzar… tiveches algo que obstaculizara o teu camiño (falar galego, a xente, os pais)?

Non. Creo que sempre tiven tódalas facilidades tanto para ensaiar como para actuar. Tiven apoio material de grupos como Machina, pois ensaiei sempre non seu local. En canto as actuacións, intento ir só a onde creo me vou sentir cómodo, onde de verdade desexe actuar e sei que o público é da miña idea. Nunca tiven problema coa lingua pois quen contacta conmigo para que actue faino sabendo o que fago e como o fago, con toda a naturalidade do mundo.

    A nivel de influencias, hacia onde ou hacia quen miraches a hora de formarte como beatboxer?

Creo que nunca me formei como beatboxer. Ata non me considero beatboxer, ou polo menos só beatboxer. Eu formeime como persoa onde a miña música forma parte de min. Se ben nun comezo admiraba máis uns ca outros, a dia de hoxe intento facer duas cousas moi básicas: o que me saia de dentro, vamos da cahola ou da alma e o que fisicamente sexa capaz de interpretar. En canto a parte cantada da miña formación musical, as influencias veñen do rap e da música xamaiquina e todo o que o rodea: ragga, dancehall, sistemas de son, roots, etc.

    Qué mensaxes queres dar a coñecer nas tuas cancions?

Cada canción ten a sua mensaxe concreta e tódas elas dan unha mensaxe que intenta plasmar o que eu son e penso. Intento que sexan bailables e pegadizas e que a xente “se quede con elas”, pero sempre coidando as letras e a mensaxe, o que eu lle chamo a lírica. Que aporten algo máis que puro divertimento puntual, intentando non ser moi directo na mensaxe para que quen as escoite lle siga traballando a cabeza despois de facelo.

    Algo que me parece que todos queremos saber, como fas tantos sons a vez?!

Non é o gran secreto do truco de escapismo de Houdini!. E algo que lle explico a mocidade nos obradoiros de beatbox que fago. O quid da cuestión non é que eu faga moitos sons a vez, senón que o ser humano escoita moitos sons a vez. Palabros como a psicoacústica sairian nesta explicación, pero basicamente é que temos o cerebro máis que acostumado a escoitar música por todos lados.

    Escoitaches iso de que o beatbox é o quinto elemento do Hip Hop?, qué pensas sobre iso?

Por suposto, tamén chamado o quinto elemento perdido, ou máis ben olvidado. O beatbox, ou como termo máis correcto “human beatbox” sempre acompañou ao resto de elementos da cultura do HipHop. Nun caso similar ao do rap, nos comezos pouco coñecido e eclipsado polo Dj, pasa a ser cada vez recoñecido ainda que sempre formara parte desta cultura.

    Cando tes que actuar en directo… tomas algo especial?, quentas a voz de maneira específica?, tes algunha manía antes de sair?

As manias tiñas nos comezos pois poñiame moi nervioso, non chegaba a pánico escenico pero impedia que fose eu mesmo e sacara o 100% do que desexaba. Sempre é desexable quentar a voz , ainda que non sempre o faga, antes de estar unha hora cantando. Pero ainda que parecendo mentira, o beatbox non é o que máis tira das cordas vocais.

    Cómo ves a escena do beatbox agora en Galiza??

Vexo que chisco a chisco a xente que sempre fixo beatbox esta a ser recoñecida e ademais ela pola sua parte está dándose a coñecer. Poragora parece que é algo que só debería asociarse ao HipHop e só deberia deixarse escoitar neses ambientes, pero isto non é bo. Sobretodo notei un aumento de anuncios de obradoiros de beatbox, o que fará que en pouco tempo o panorama sexa moi favorable para este “arte de non saber tocar instrumentos” .

    Cómo se pode axudar a aumentar o beatbox en galego?

Asociar o beatbox e o galego creo é algo complicado pensando en que se trata de facer ritmos músicais coa boca. Como se di que a música non entende de fronteiras, tamén podemos dicir que non entende de linguas. Agora ben, que o beatboxer, coma no meu caso, viva en/do/para o galego xa lle aporta á musica , esta parte lingüística. Polo tanto creo que a resposta sería ensinandolle aos galegofalantes a facer beatbox. xD

    Tes algun consello para aquelos que queiran dedicarse ao beatbox, hip hop, rap e demais?

Pois dareilles o consello ñoño de sempre! Facede o que queirades e como queirades porque a historia musical esta escrita e hai moito listillo teórico que cha sabe explicar moi ben. O que de seguro non sabe é como vai ser de aquií en diante.

Agora xa o sabedes, o beatbox está en ascenso asi que non lle pedades a pista a Carlos Gende que promete!

Non olvidedes visitar o seu blog gndbeat.

Moitisimas grazas a Carlos Gende por contestar á entrevista, sorte!


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa