Faladoras – Non só xente! http://faladoras.blogaliza.org ...onde fala a xente sinxela Thu, 21 Jun 2012 09:22:41 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 O que fixeches de min http://faladoras.blogaliza.org/2012/06/21/o-que-fixeches-de-min/ Thu, 21 Jun 2012 09:22:41 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=223 Foi todo moi rápido, non o pensei nin un segundo:
e un si!! da miña boca saiu.

E a partir dese momento todo comenzou,
pasaban os días; eu era a máis feliz do mundo…
ti máis eu xuntos
era un mundo por descubrir e inventar.

O destino está escrito e ti de min non te podese separar
nunca, nunca
nunca.

Mira si o amor colgábame tanto que ata a merda
do can da veciña pareciame una fermosa
rosa.

As horas pasaban, pero cando ti estás a meu carón
para min os días eran horas
as horas minutos e
os minutos segundos.

Tiña gravada na mente que o noso nunca se acabaría,
e eu non tiña ollos para ninguén
máis que para os teus ollos azuis,
o teu sonriso infinito,
os teus labios carnosos e como non,
a tua lingua, que ben traballa…
é pensanlo e excitome, non sei como explicalo.

Pero todo pasa e o noso acabouse, e tú
fixeches de min un gran mnstruo.
Teli tanta raiba contida que choro,
e choro e nada; hostia te sigo queréndo.

Non hai momento no que eu deixe de pensar,
falar, preguntar
por ti; pero nunca haí unha resposta
senón un silenzo
inacabable e transtornador, que me di:
ti es parva,
imbécil,
idiota:
xa que non poideches coidar do que tiñas

Sí perdín a mellor persona do mundo, por medo,
tal vez … eu non quería pero pasou e o noso
terminou.

Teño na mente gravado o teu rotro e
o único que desexo é que algún fía
sexa capaz de esquecelo.

Porque digo eu: que dende entón xa nonson
a mesma rapaciña.

Pero qué fixeches de min? meu amor
qué fixeches?, a miña cabeza non distingue o bo do malo;
e tu para min es malo,
moi malo,
pero non sei porque teño na mente que tú
es o máis bo do mundo.

Sei que por cada erro gaño para a perfeción,
pero metres ti vivas, meu neno
eu xa sei cal vai ser
a miña casa:
o conxo, xa que o teu amor toléame a cabeza de tal modo,
que eú sen ti non sei nin quen son.

Qué fixeches de min?, qué fixeches?
o meu futuro depende de
ti; pero o dano que deixaches
no meu corazón
non creo que seza curable,
a nn ser que ti
meu neniño
volvas o meu carón.

Sei que é mellor dicir unha pequena
mentira,
que unha gran verdade; e por iso dígoche
que eu a ti
non te quero…

o meu non é amor, é unha obsesión iremediable.

Que fixeches de min?
Xa que pensa en ti é a mellor medicina
para min.
Qué fixeches? meu neniño, que fixeches?

Que non fago outra cousa máis que
pensar en
Ti.

    Marina Porteiro
]]>
Entrevista a Carlos Gende, moito máis que un beatboxer! http://faladoras.blogaliza.org/2012/06/15/carlos-gende/ Fri, 15 Jun 2012 18:33:46 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=199 Esta ves fixemos unha entrevista a Carlos Gende, orgullozamente galego e moito máis que un beatboxer!

    Cómo empezaches no mundo do beatbox??

O meu contacto co beatbox comezou despois de coñecer o mundillo que rodea á cultura do HipHop. Comezei rapeando e escribindo as miñas primeiras letras as cales só cantaba para min mesmo. Fun para Vigo a cursalos estudios universitarios e xa aló intentei adentrarme no breakdance sen moito ou case nengún éxito. Aproveitando a conexión a internet, as poucas ganas de estudiar e que o beatbox na rede comezaba a despuntar, comecei a aprendelo ,escoitando, a ver videos e ler tutoriais. Vamos, de forma totalmente autodidacta !

    Canto tempo levas practicando?

Pois levo oito anos no que o beatbox forma parte do meu repertorio musical. Se ben,dende os 19 anos ata o dia de hoxe a práctica do beatbox pasou por varias fases, nunca deixei de facer música coa boca.

    Ao comenzar… tiveches algo que obstaculizara o teu camiño (falar galego, a xente, os pais)?

Non. Creo que sempre tiven tódalas facilidades tanto para ensaiar como para actuar. Tiven apoio material de grupos como Machina, pois ensaiei sempre non seu local. En canto as actuacións, intento ir só a onde creo me vou sentir cómodo, onde de verdade desexe actuar e sei que o público é da miña idea. Nunca tiven problema coa lingua pois quen contacta conmigo para que actue faino sabendo o que fago e como o fago, con toda a naturalidade do mundo.

    A nivel de influencias, hacia onde ou hacia quen miraches a hora de formarte como beatboxer?

Creo que nunca me formei como beatboxer. Ata non me considero beatboxer, ou polo menos só beatboxer. Eu formeime como persoa onde a miña música forma parte de min. Se ben nun comezo admiraba máis uns ca outros, a dia de hoxe intento facer duas cousas moi básicas: o que me saia de dentro, vamos da cahola ou da alma e o que fisicamente sexa capaz de interpretar. En canto a parte cantada da miña formación musical, as influencias veñen do rap e da música xamaiquina e todo o que o rodea: ragga, dancehall, sistemas de son, roots, etc.

    Qué mensaxes queres dar a coñecer nas tuas cancions?

Cada canción ten a sua mensaxe concreta e tódas elas dan unha mensaxe que intenta plasmar o que eu son e penso. Intento que sexan bailables e pegadizas e que a xente “se quede con elas”, pero sempre coidando as letras e a mensaxe, o que eu lle chamo a lírica. Que aporten algo máis que puro divertimento puntual, intentando non ser moi directo na mensaxe para que quen as escoite lle siga traballando a cabeza despois de facelo.

    Algo que me parece que todos queremos saber, como fas tantos sons a vez?!

Non é o gran secreto do truco de escapismo de Houdini!. E algo que lle explico a mocidade nos obradoiros de beatbox que fago. O quid da cuestión non é que eu faga moitos sons a vez, senón que o ser humano escoita moitos sons a vez. Palabros como a psicoacústica sairian nesta explicación, pero basicamente é que temos o cerebro máis que acostumado a escoitar música por todos lados.

    Escoitaches iso de que o beatbox é o quinto elemento do Hip Hop?, qué pensas sobre iso?

Por suposto, tamén chamado o quinto elemento perdido, ou máis ben olvidado. O beatbox, ou como termo máis correcto “human beatbox” sempre acompañou ao resto de elementos da cultura do HipHop. Nun caso similar ao do rap, nos comezos pouco coñecido e eclipsado polo Dj, pasa a ser cada vez recoñecido ainda que sempre formara parte desta cultura.

    Cando tes que actuar en directo… tomas algo especial?, quentas a voz de maneira específica?, tes algunha manía antes de sair?

As manias tiñas nos comezos pois poñiame moi nervioso, non chegaba a pánico escenico pero impedia que fose eu mesmo e sacara o 100% do que desexaba. Sempre é desexable quentar a voz , ainda que non sempre o faga, antes de estar unha hora cantando. Pero ainda que parecendo mentira, o beatbox non é o que máis tira das cordas vocais.

    Cómo ves a escena do beatbox agora en Galiza??

Vexo que chisco a chisco a xente que sempre fixo beatbox esta a ser recoñecida e ademais ela pola sua parte está dándose a coñecer. Poragora parece que é algo que só debería asociarse ao HipHop e só deberia deixarse escoitar neses ambientes, pero isto non é bo. Sobretodo notei un aumento de anuncios de obradoiros de beatbox, o que fará que en pouco tempo o panorama sexa moi favorable para este “arte de non saber tocar instrumentos” .

    Cómo se pode axudar a aumentar o beatbox en galego?

Asociar o beatbox e o galego creo é algo complicado pensando en que se trata de facer ritmos músicais coa boca. Como se di que a música non entende de fronteiras, tamén podemos dicir que non entende de linguas. Agora ben, que o beatboxer, coma no meu caso, viva en/do/para o galego xa lle aporta á musica , esta parte lingüística. Polo tanto creo que a resposta sería ensinandolle aos galegofalantes a facer beatbox. xD

    Tes algun consello para aquelos que queiran dedicarse ao beatbox, hip hop, rap e demais?

Pois dareilles o consello ñoño de sempre! Facede o que queirades e como queirades porque a historia musical esta escrita e hai moito listillo teórico que cha sabe explicar moi ben. O que de seguro non sabe é como vai ser de aquií en diante.

Agora xa o sabedes, o beatbox está en ascenso asi que non lle pedades a pista a Carlos Gende que promete!

Non olvidedes visitar o seu blog gndbeat.

Moitisimas grazas a Carlos Gende por contestar á entrevista, sorte!

]]>
Marina Porteiro en Proxecto NEO http://faladoras.blogaliza.org/2012/04/18/marina-porteiro-en-proxecto-neo/ Wed, 18 Apr 2012 08:14:28 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=182 Despois deste pequeno intre (un tanto largs temos que dicir), traemos a participacion dunha das administradoras de Non só xente!, si! Marina Porteiro foi entrevistada na decimoterceira entrega de Proxecto NEO en Radio Burela.

Grazas a intervencion de Sechú Sende que deixo una mensaxe no perfil de Facebook de Proxecto Neo

    “Na clase de 4 da ESO temos umha rapaza, Marina, neofalante, que é bisneta de Luis porteiro Garea, um dos fundadores das Irmandades da Fala de Lugo e, tamém neofalante, daquela maneira, de princípios do século XX…”

A entrevista podedes escoitala en http://www.ustream.tv/recorded/21422803 a partir do minuto 20:30.

E non dubidedes en seguir escoitando todo programa; Proxecto NEO grazas por todo o apoio!

      “FALAR Y-ESCRIBIR EN GALEGO, COMO SEIPAMOS”

    Aquí me tedes, pesaroso e triste por non corresponder a intensidade do momento: ledo e venturoso, xa que por moi mal que fale, sempre me alumearía o lóstrego do ideal que nos xunta hoxe, e que dend’antano latexa n-o noso corazón.

    Escribo en galego e escribo mal. ¡Qué queredes!…Nunca hastra hoxe, escribín. Xamáis mo ensiñaron nin eu me preocupei dó deprender! E agora, pregúntobos: si podo escribir –mal, todo o mal que vós queirades- no idioma que non deprendín nas escolas, nos epitomes nin nos dizionarios ¿n’e verdade qu’isa lingua debe ter raices moi fondas no meu peito, na y-alma da miña raza cando non-a enterraron para sempre os abandonos alleos e os propios?

    Luis Porteiro Garea

]]>
#Twitter en Galego http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/25/twitter-en-galego/ Sun, 25 Mar 2012 12:14:44 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=160 Nesta ocasión, é estando moi agradecidas, fixemos unha entrevista a Carlos García Vieito, como él di, uno dos moitos impulsores do Twitter en Galego.

1. En que te inspiraches para crear o Twitter en galego??

Máis que inspiración pra crear Twitter en galego, foi indignación. Indignación de ver como unha das redes sociais máis grandes e a nivel mundial, non poñía a disposición dos seus usuarios o galego, a igual que outras grandes redes sociais como Facebook, e a un nivel estatal, tuenti. Tendo en conta, que o galego é unha das linguas máis usadas no Twitter.

2. Tiveches  moitos problemas para darte a coñecer e conseguir followers??

Ao principio teño que confesar que tiven moitos problemas pra súa difusión, pero cando figuras relevantes da sociedade comezaron a seguir a conta e a dala a coñecer cos seus tweets, comezou a despegar a conciencia por un twitter en galego e o uso do mesmo. E así os seguidores.

3. Como te sentes ao ser un dos pioneiros nas redes sociais??

Non creo que sexa un pioneiro, se nos referimos a empregar ou impulsar o galego no Twitter, porque iso faino cada día moitas persoas, galegas ou non, que empregan o galego pra encher os seus tweets. Se falamos de ser o primeiro en organizar unha vía coa que reivindicar o dereito do galego na devandita rede, poderíase dicir que si. Poderíase dicir, máis que nada, porque non son eu só, senón a xente que cos seus RT difunden a idea que se quere mandar, e que aportan ideas innovadoras.

4. Canto tempo levas loitando para que Twitter este dispoñible en galego??

Pois dentro dun par de meses, fará un ano dende que se creou Twitter en galego.

5. A xente colabora moito para conseguir o teu propósito??

A verdade é que si, e niso podo estar moi agradecido a todos e todas que colaboran con Twitter en galego. Por que é coa súa axuda como se conseguen os TT e dar a ver, que os galegos non somos poucos no Twitter.

6. Ti, en que lingua falas e con quen??

Pódese dicir que son un galegofalante as 24 horas. Sempre falei galego, sempre o falo e con todo o mundo, e ata agora non tiven problema. As poucas veces que deixei de falalo, foi ao saír de Galiza; e aínda así atopeime con galegos cos que poder falar galego.

7. No noso instituto hai moita xente que fala galego pero nas redes sociais falan castelán, ti que opinas disto??

Pois é unha pena. Primeiro porque existe o prexuízo “se falo galego non me van a entender” e por iso falo castelán, pero non se dan de conta que coa xente coa que están a falar e que ven o que escriben, son amigos e familiares, persoas coas que conviven e falan galego.

8. Ti como ves o avance do galego cara ao futuro nas redes sociais??

Pois vexo que vai por un bo camiño. Os últimos datos que saíron da rede social Tuenti, mostran que unha gran maioría de xente galega que emprega esa rede, tena en galego. En twitter o galego entra dentro das trinta linguas máis empregadas. Véxolle moito futuro ao galego nas novas tecnoloxías.

9. Nos somos dúas rapazas neofalantes e as redes sociais axúdanos a mellorar o noso galego, que pensas da xente neofalante e as novas tecnoloxías?? 

Admiración. Unha persoa que se esforza en aprender unha lingua nova e comeza a desenvolvela nos seus distintos ámbitos, merece admiración. E máis se é por parte de xente nova como vós. Aínda que non fose a vosa lingua nai, hónravos que poñades interese en aprender galego. Penso que as persoas neofalantes nas novas tecnoloxías serían bos exemplos a seguir.

10. Tes algunha anécdota sobre a lingua e as redes sociais??

Non sei se son anécdotas ou non; pero cando comecei con este proxecto non sabía case nada do funcionamento do twitter, e foron as persoas que me seguían as que me foron explicando paso a paso como se movía esta rede social. Por iso digo, que comecei só neste proxecto, pero agora xa somos máis de seis mil persoas as que traballamos nel.

11. En poucas palabras, por que o galego ten que ir da man das redes sociais??

Por unha simple razón. As redes sociais son as formas de comunicación do presente e do futuro, e non coidar de que o galego estea dentro delas, pode significar perda de falantes e a súa desaparición a longo prazo. Pero non é só obrigación das redes sociais poñer a disposición dos seus usuarios o galego, senón tamén é a nosa obrigación como cidadáns e como galegos, empregalo nas redes sociais pra que siga florecendo esta lingua, que con orgullo podemos dicir que é nosa.

Alí o tedes xente! unha iniciativa que precisa o apoio de todos os que falaban, falan, falamos e falarán en galego!

Non olvidedes apoiar ao Galego en @Twitter_en_galego e Twitter en galego (no Facebook).

Moitisimas grazas a @tweet_en_galego por contestar á entrevista e por aguantar a nosa incistencia :D.

]]>
A historia de Maria Soliña http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/23/a-historia-de-maria-solina/ Fri, 23 Mar 2012 18:46:15 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=147 Maria Soliña, ¿qué nos di a Wikipedia dela? “…foi unha muller nacida en Cangas de Morrazo a finais do século XVI. […] É un personaxe conocido maís de forma popular que contrastado polas invetigacios. Oxe en día podense encontrar poucas referencias e obras que traten da figura desta muller.”

Maria Soliño foi condenada ala polo século XVII pola Santa Inquisición, acusada de bruxería. Cangas, a vila donde ela vivía era un pobo de pescadores en pleno auge económico. Moita da xente vivía gracias aos cartos que xeneraba a pesca e seu manejo.

A historia di que no ano 1617 unha flota composta por 2.000 turcos desembarcou preto da vila, saqueándoa, queimandoa e destruindoa.
Maria Soliño perdeu aquel día a seu marido e seu irmán loitando na praia, foi tal a desgraza e número de victimas na vila que moitisimas mulleres perderon o uso da razón trala morte de seus maridos e fillos polos piratas turcos. Entre elas, Maria Soliño.

A vila estaba na pobreza total e os nobres non estaban dispostoas a perder o pederio economico que tiñan fai tempo, polo que iniciaron unha campaña de apoio á Santa Inquisición para denunciar a mulleres por facer bruxeria. A maioria das mulleres de baixa clase que sufriron esa perdida de razón foron condeadas rapidaménte pola inquisición de meigas, asesinando a maioria destas. Pola contra Maria Soliño tiña un estatus máis alto na vila e librouse desa primeira caza de bruxas. Mesmo asi, súa pena era tal que case todas as noites iba andando soa a praia onde morrera seu marido e seu irman e quedabase horas vendo o mar.

Pero despois, e movidos pola ambición, os membros da Inquisición fixaronse nunha das mulleres máis ricas da vila,Sí! Maria Soliña, a cal acusaron de meiga xunto outras oito canguesas co único motivo de expropiarlles seus bens personais, xa que recordemos que a inquisición estaba maiormente composta pola clase nobiliar.

María Soliño fuie levada as prisoes segretas do Santo Oficio no ano 1621 acusada por entregar sua alma ao diablo e ter poderes maléficos capaces de facer os máis terrivels males. Foí torturada física e psicoloxicamente ata que dixo ser bruxa fai máis de duas decádas e chegando a manter tratos carnais co demo.

Trala falsa confesión requisaronselle todos os seus bens, tanto patrimoniais como os dereitos que tiña sobre os templos de Cangas por herencia dos fundadores destes, e todos os beneficios destes pasaron a igrexa e nobles da zona. Tamén condenouse a levar a indumentaria de penitenza durante seis meses, pero descoñecese se chegou a levalos, pois sabese que pouco despois de confesar morreu. Nom existe a data de defunción, polo que suponse que morreu moi pobre e soa, seguranmente despois das torturas físicas e psíquicas que recibiu a tan avanzada idade.

Non foi a unica muller acusada de “bruxa” naquelos tempos. Moitas foron as mulleres que suriron inxustamente estos falso encargos froito da avaricia dos que tiñan o poder.

María Soliña.

Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
Nos areales de Cangas, Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache, María Soliña.
As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
As gaivotas sobre Cangas soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
Celso Emilio Ferreiro

http://www.youtube.com/watch?v=5hrc6VfWVQM

Delmorrazo.com – Abril de 2010

]]>
Diálogo entre A e B http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/21/100/ http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/21/100/#comments Wed, 21 Mar 2012 21:17:04 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=100 Nesta ocasión traemos un texto que fanos reflexionar sobre a xente que fala nunha lingua porque a sinte como sua e por otro lado a xente que no fala a sua lingua por que le parece pouco meritoria. ¿Vosotros que pensades disto?

    O meu amigo A ten setenta e seis anos. O meu amigo B ten trinta e tres anos. Ambos son escritores. A escrebe sempre en castellano. B escrebe sempre en galego.

    B, no curso dunha conversa cordial, manifesta a sua mágoa porque A non escreva en galego, língua que fala desque aprendeu a falar, mentres que B falou até hai pouco ordinariamente en castellano. A é fillo de un lavrador, e naceu nunha aldeia. B é fillo de un militar, e naceu nunha cidade.

    Para A, ao parecer, constitui un mérito falar galego desde cativo, e un demérito comenzar a falá-lo na madurez. Quer dicer, é un mérito nacer nun meio que determine que o galego sexa a própria fala materna; e un demérito que o galego sexa unha fala de adopzón voluntariamente asumida.

    Parece-me que, ao tratar de justificar-se A ante B por non utilizar o galego como língua literaria, se desvia do recto camiño da discusión, e acude a argumentos ad hominem que non son procedentes. Parece como se o que non tivo o galego como língua natal non pudese aceitá-la como língua própria normal cando se cre chamado a facé-lo. ¿Hai pois, que apresentar novas de limpeza lingüística de sangue para ser admitido na comunidade de galego-falantes? Se B asumiu recentemente como língua a que non aprendeu na sua casa, e a cultiva literariamente, ¿devemos rejeitar do ponto de vista galeguista a sua actitude, e considerá-la, en todo caso, menos meritória que a de A, que falou galego porque esa era a língua que ouvia falar ao seu redor, e que cando se enfrentou coa necesidade de escrever, renunciou, polo que seja, a escrever en galego? ¿Pode, fora da léria e da brincadeira amistosa, tomar-se en conta esta argumentazón?
    Para empregar a distinzón de Castelao: A fala galego por ruralismo, B fala galego por galeguismo. Postos a escrever galego, A ten unha vantage, que non beneficia, e B unha desvantage, que supera. ¿Quen amostra maior interese pola língua? Pode ser que A conserve toda a sua vida unha pronuncia enxebre que B non atinja nunca. Os estudiosos da fonética galega tirarán mais utilidade de ouvir a A que de ouvir a B, se A, apesar da iliteralidade da sua língua, a sustén como fala normal e, incongruentemente coa sua abstenzón de usá-la por escrito, dá ocasión aos fonetistas para aquilo. Mas o seu absentismo do galego escrito non estará compensado pola sua inequívoca articulazón do “é” aberto e do “e” fechado do ponto de vista cultural. Neste campo, é evidente que B deve levar a palma, por mui castellana que fose a fala que se transmitiu co leite materno.

    Non é absolutamente indispensável ter apacentado ovellas desde a mais terna infáncia para chegar a ser perito pecuário e promover a mellora da raza merina. Hai pegureiros que receberon dos seus pais, dos seus avós, dos seus bisavós, e asi até Abel, o cajado pastoril, e que nunca fixeron o que un veterinário ou engeñeiro agrónomo fillo de un banqueiro coruñés ou mesmo de un bufariñeiro maragato pola promozón da nosa facenda. Se cadra, A leva sesenta e seis anos falando en galego (polo menos,cando se tropeza con B ou os seus afins), e B leva somente tres. Mas se B figura na história da literatura
    galega e A non sente a necesidade de escrever en galego, ¿hemos excomungar a B porque non herdou de Abel en liña recta a distinzón do timbre das vogais de grau médio, e venerar en A a pelica de San Joán Batista porque os seus pais tangian a avea de Dafne mentres mordiscavan as suas pericas a erva da chousa familiar?

    RICARDO CARVALHO CALERO: Umha voz na Galiza, páxs. 159-160.

¿Creedes que por nacer nunha ligua diferente non podedes falar, escribir e expresarse en galego ó en calquera otra ligua? Compartan a sua opinion con nos, interesanos saber o que pensades!!

FONTE: Proxecto NEO

]]>
http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/21/100/feed/ 2
Nova sección http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/19/91/ Mon, 19 Mar 2012 19:54:57 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=91 Agora aqui en Non só xente estrenamos unha nova sección Diario dunha Neofalante”, entrade e deixade os vosos comentarios 😀 !

Se un xenio nace pobre, seguirá sendo un xenio, pero o máis probable é que a humanidade non se entere

]]>
Rianxeira mais coñesida que o himno español http://faladoras.blogaliza.org/2012/01/25/rianxeira/ Wed, 25 Jan 2012 09:16:25 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=50 A Rianxeira é unha cancion popular, convertida en uno dos simbolos culturais de Galiza e particularmente representantiva do colectivo de emigrantes.

Hoxe “A Rianxeira” converteuse casi no segundo hiimno de Galiza. Existe mais dunha version da letra de dicha canciòn, Esra letra da “Rianxeira” é a que se canta o ultimo día das festas da Guadalupe en Rianxo.

http://www.youtube.com/watch?v=kMn0noOnZ2c

    A virxe de Guadalupe
    cando vai pola ribeira,(bis)
    descalciña pola area
    parece unha rianxeira. (bis)
    estribillo:
    Ondiñas veñen(bis)(bis)(bis)
    ondiñas veñen e van
    non te embarques rianxeira
    que te vas a marear.(bis)
    A virxe de Guadalupe
    cando veu para Rianxo,(bis)
    a barquiña que a trouxo
    era de pau de laranxo. (bis)
    estribillo:
    “Ondiñas veñen…”
    A virxe de Guadalupe
    quen a fixo moreniña,(bis)
    foi un raíño de sol
    que entrou pola ventaíña. (bis)
    estribillo:
    “Ondiñas veñen…”

]]>
Os meus zapatos… http://faladoras.blogaliza.org/2012/01/18/26/ Wed, 18 Jan 2012 09:30:12 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=26 Todo o tempo estamos cerca de xente que non naceu falando o noso idioma, e ainda asi vemonos obrigados a entendernos uns cos outros.

Saber falar un idioma é como empezar a andar, moitas veces necesitas a axuda dos que te rodean, igual que o que fan os teus pais cando eres un neno. Non podes correr sin saber andar primeiro. Logo, e igual ca un neno, exploras o teu mundo de una mane1ira distinta.

Gracias a lingua aprendemos a cultura dun sitio e coñocemos as suas costumes, a sua xente e crecemos como persoas, xa que non esta de mais ter contactos por todos lados.

    Os noso zapatos llevanos a lugares inesperados e desconocidos, non los ates ao chan e empeza a descubrir o mundo que te rodea que é marabilloso.
]]>
Eu falo galego! http://faladoras.blogaliza.org/2012/01/17/eu-falo-galego/ Tue, 17 Jan 2012 22:17:34 +0000 http://faladoras.blogaliza.org/?p=3

Eu falo galego… e ti?

Por que falar galego é un estilo de vida como calquera outro.

Deixa os prexuizos a un lado e atrevete a falar… 😛

…ainda que non digas moitas cousas!

]]>