SIDEBAR
»
S
I
D
E
B
A
R
«
Marina Porteiro en Proxecto NEO
Abril 18th, 2012 by Faladoras

Despois deste pequeno intre (un tanto largs temos que dicir), traemos a participacion dunha das administradoras de Non só xente!, si! Marina Porteiro foi entrevistada na decimoterceira entrega de Proxecto NEO en Radio Burela.

Grazas a intervencion de Sechú Sende que deixo una mensaxe no perfil de Facebook de Proxecto Neo

    “Na clase de 4 da ESO temos umha rapaza, Marina, neofalante, que é bisneta de Luis porteiro Garea, um dos fundadores das Irmandades da Fala de Lugo e, tamém neofalante, daquela maneira, de princípios do século XX…”

A entrevista podedes escoitala en http://www.ustream.tv/recorded/21422803 a partir do minuto 20:30.

E non dubidedes en seguir escoitando todo programa; Proxecto NEO grazas por todo o apoio!

      “FALAR Y-ESCRIBIR EN GALEGO, COMO SEIPAMOS”

    Aquí me tedes, pesaroso e triste por non corresponder a intensidade do momento: ledo e venturoso, xa que por moi mal que fale, sempre me alumearía o lóstrego do ideal que nos xunta hoxe, e que dend’antano latexa n-o noso corazón.

    Escribo en galego e escribo mal. ¡Qué queredes!…Nunca hastra hoxe, escribín. Xamáis mo ensiñaron nin eu me preocupei dó deprender! E agora, pregúntobos: si podo escribir –mal, todo o mal que vós queirades- no idioma que non deprendín nas escolas, nos epitomes nin nos dizionarios ¿n’e verdade qu’isa lingua debe ter raices moi fondas no meu peito, na y-alma da miña raza cando non-a enterraron para sempre os abandonos alleos e os propios?

    Luis Porteiro Garea


Comments are closed

»  Substance:WordPress   »  Style:Ahren Ahimsa